A agrupación cultural Avantar organizará os últimos sábados de cada mes unha actividade cultural: “Club de lectura A.C.AVANTAR”

Dende a Agrupación cultural Avantar do Carballiño  proponse a creación dun Club de Lectura para cantas persoas queiran participar.

Levarémola a cabo cada último sábado de cada mes ,reunirémonos para propor a lectura dun libro, facer a análise do autor  da obra e expresar as nosas ideas e opinións sobre os textos escollidos. En ocasións de poderse convidaremos ao autor, tradutor ou critico literario. Dadas as características da actividade estimase como limite de asistentes, un máximo de vinte persoas, anotaranse por orde de solicitude.

AVANTAR ACTIVIDADES

A primeira reunión marcámola para o sábado 26 de febreiro  de 12:00 a 13:00 na biblioteca do casino do Carballiño, nela explicaremos as ideas que temos e cal será o funcionamento do club de lectura. Así mesmo nesta primeira xuntanza iremos anotando a quen teña  interese en participar na actividade.