Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

35-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Bautista Goyel Álvarez Domínguez (Ourense: Loucia, Lás, San Amaro, 1933-Bearíz, 2017).
Trátase nesta serie de recoller e salientar o labor de quen, no amplo territorio das terras do Carballiño, usan da escrita para divulgar, reflexionar ou crear, e vai a quenda de quen asomou a á variante das ficcións, de xeito tardío, pois publicou o seu primeiro libro aos 70 anos despois dunha longa traxectoria no eido do pensamento en revistas españolas como Signo, Cuadernos para el diálogo e Primer Acto, entre moitas outras, moitas galegas tamén.
Mellor coñecido pola súa traxectoria política no ámbito do nacionalismo (foi membro fundador en 1964 da Unión do Povo Galego, UPG, sendo o seu presidente de 1977 até 2008), agromou en 2013 cun monllo de relatos cun aquel de memorísticos, “Retallos daquela infancia” (Xerais), nos que ademais toca moi de preto os espazos do meu materno Freás e da súa contorna, dada a veciñanza dos concellos de Punxín e San Amaro.
Dous anos despois, no mesmo ton de lembranza, e facendo uso dunha prosa áxil, gozosa e retranqueira, recuncou tamén en Xerais coa novela “Cuarto minguante”, unha historia de emigrantes arredor dun sastre da aldea de Santomé (antigamente parte de Freás, e agora de Ourantes), que en 1955 embarcou no Santa María para pousar en Venezuela, despois a Brasil e Arxentina, e rematar co tempo en Suíza.
Aclaro que o de “memorístico” apréciase desde a mirada do lector de ambos textos, pois o propio autor admite no Proemio aclaratorio dos oito textos xuntados en “Teseo loitando contra o Minotauro” (Fundación Terra e Tempo de Estudios Nacionalistas, 2023) que “non son partidario das memorias” e aporta razóns ben asumibles, pero ao tempo aclara que os tales “son episodios da miña vida política escritos con intención didáctica”, nos que outra vez deixa constancia dunha escrita áxil e incisiva, enriquecida polo moito que teñen de experiencia vivida.
Fillo dunha familia labrega e o menor de tres irmáns, con dez anos ingresou no Seminario ourensán, que deixou a comezos dos anos 60 para irse a estudiar a Madrid, onde coñeceu a outros mozos galegos que acabarían fundando o ben coñecido grupo Brais Pinto co foco posto da cultura e máis na política galegas, en tempos nada doados para ambas cousas.
Entre aqueles, ademais de Bautista, estaban Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Xosé Alexandre Cribeiro, entre outros.

Deputado no Parlamento Galego durante varias lexislaturas polo BNG (do que foi cofundador en 1981), en 2004, na celebración do 40 aniversario da constitución da UPG, promoveuse a creación da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas (actual Fundación Terra e Tempo), que ademais presidía e que publicaría en tres volumes as súas “Obras escollidas”, en 2013, 2014 e 2017.



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “
















