Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

32-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Rafael Otero Janeiro (O Carballiño, 1962)
Polo tanto “babyboomer” nas súas propias verbas. Vinculado á histórica familia dos Otero como neto de Adolfo Otero Landeiro, o construtor da Veracruz do arquitecto Palacios, e como fillo de Adolfo Otero Cerdeira, que acompañou ao pai na mesma obra sendo un mozo.
Actualmente xubilado como profesor de Debuxo Técnico, Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e de Deseño, nos Instituto de Ribadavia, ademais de no Nº 1 e Chamoso Lamas do Carballiño.
Rafael licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1986), nas especializades de Historia da Arte Moderna e Contemporánea, ademais de Xeografía, Historia e Arte de Galicia. Fixo os cursos de doutoramento na Facultade de Humanidades, de Universidade de Vigo en Ourense, nos que investigou (pero sen rematar a defensa) arredor de “O programa relixioso na arquitectura de Antonio Palacios. O paradigma do templo da Vera Cruz do Carballiño”, tema no que segue a investigar como neto e fillo dos construtores.
En 1989 tamén fixo traballo arqueolóxico en San Cibrán de Lás. Ten colaborado en revistas con temas de historia da Arte e Arquitectura, como na Minius (UVIGO), Ágora de Orcellón (Centro de Estudios Carballiñeses) e Argentarium (Centro de estudios Chamoso Lamas), ademais de ter presentado ponencias en congresos.
Conta como anécdota pándega que foi “bilbiotecario un ano no servicio militar en Almería, no mesmo cuartel onde o carballiñés José Isaac participou na película “Patton” (1970), e creo que os tanques que alí había debían ser os mesmos enferruxados mercados aos americanos da película. Aínda que servín entre os libros oficialmente o meu posto rezaba como “monaguillo” xa que o responsable da biblioteca e do “recreo educativo do soldado” era o comandante capelán castrense.
A miña contribución a patria no papel era acompañar de acólito ao pater a administrar viáticos e bendicións as baixas e caídos pola patria e polo rei”.

Como historiador ven de publicar “A Vera Cruz de Antonio Palacios” (Centro de Estudios Carballiñeses, 2023) e anos atrás colaborara cos seus irmáns, os tamén arquitectos Adolfo e Francisco Otero Janeiro, a levar a bo porto editorial o libro do seu pai “Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán del Carballino, de Antonio Palacios” (Xunta de Galicia, 2003), prologado por Felipe-Senén, acreditado especialista na obra palaciana, que foi quen promoveu a declaración da Vera Cruz como Ben de Interese Cultural, BIC, en 1992.



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “