Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual
29-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Francisco Fumega Piñeiro (O Carballiño, Ourense, 1961).
Vinculado desde mozo á actividade cultural de base na vila, en particular coas primeiras edicións das Xociviga que promovía o cine club Carballiño desde a súa creación en 1984.
Licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Xeografía Aplicada pola Universidade de Santiago, en 1995, coa tese “Dinámica especial en la tierra de O Carballiño”, acadando a cualificación cum laude.
Comezou a súa traxectoria profesoral docente na UNED no curso 1987-1988, desenvolvéndose en diferentes cursos e institucións para consolidarse finalmente como membro claustral da Escola Superior Gallaecia, actualmente integrada na portuguesa Universidade Portucalense, en Porto.
Cofundador en maio de 1994 do Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño, é o responsable da súa sección de Xeografía, e no seu marco de actividades ten desenvolto numerosas investigacións recollidas na revista “Argentarium” que o colectivo edita de xeito regular desde 1999, así como nas Actas dos seus congresos anuais, estando en ambas como membro do consello de redacción e máis no seu comité científico.
Conferenciante, ensaísta e autor de numerosas publicacións no campo xeográfico, moitas delas de carácter colectivo e, como se recolle na lapela biográfica da súa publicación máis recente “O proceso de…”, foi receptor de “varios premios, [e] os seus estudos abordan cuestións paisaxísticas, demográficas e de xeografía cultural.
Destacan as súas achegas na recuperación patrimonial en proxectos como o ecomuseo de Arxeriz [Fión, Lugo][, o parque etnografico do Arenteiro ou os estudos sobre patrimonio industrial da Galicia, en colaboración co historiador Xosé Luis Sobrado Pérez.
En concreto, xunto a este último, destacan en particular os volumes “As fábricas de papel na comarca do Carballiño” (Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2010), unha exhaustiva e ben documentada achega a e esta importante actividade fabril ao longo dos séculos XIX e boa parte do XX; e “A electrificación do noroeste ourensán. Un modelo paradigmático de difusión da electricidade en Galicia” (Deputación Provincial de Ourense, 2014), publicación modélica no seu tipo por canto é unha achega a “un modelo paradigmático do proceso de difusión da electricidade en Galicia”.
Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “