Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

28-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. David Otero Fernández (Santiago de Compostela, 1946).

Nesta panorámica de única pretensión divulgativa e con moito de transversal no universo das Letras, onde teñen cabida os autores e autoras co seu berce nas Terras do Carballiño, pero tamén as súas raiceiras, polo moito que teñen de emocionais, é a quenda dun autor prolífico que por boca propia afirma escribir “porque desde que conto, non quero parar de falar”.

Ensaio, narrativa, poesía, literatura infanto-xuvenil, son eidos que ben labrando desde que deu ao prelo as súas primeiras obras, mediando a década dos anos 80 e desde aquela para editoras como Galaxia, Xerais, Ir Indo, Fervenza, Toxosoutos, entre elas. Formouse desde mozo en diferentes aulas de Santiago de Compostela e alí faríase mestre especializado nas ciencias naturais para rematar retirándose no IES Nº 1 da Estrada, vila na que reside desde hai anos e da que é un dos seus dinamizadores culturais máis singulares, establecendo así unha ponte emocional entre as lindeiras terras do Deza coas terras do Carballiño, sen deixar de mirar ao señor de Amoeiro, o seu admirado Ramón Otero Pedrayo, que por moito que no administrativo adxudique ese espazo á comarca de Ourense, tan vinculado está ao eixo Freás-Vilela, mediando as augas do Barbantiño.
Afirma que “a miña patria fundamental foi ao pé de meus avós entre a Nogueira de Vilela de Punxín e Gontán de Salamonde do San Amaro. As miradas ao texto vital conlevaron as ilustracións do Coto do Santo Trocado na `cidade´ de San Cibrao de Lás e por outra banda a intuición de Freás co Castro de Figueiroa e Barxelas no desexo por saber de Amoeiro.

Indo ás feiras de Maside e Carballiño, este sempre me pareceu o irmao maior da vila do Puzo do Lago”, mencionando as dúas aldeas, Vilela e Freás, nas que eu mesmo manteño raiceiras de berce. É tamén Otero Fernández membro fundador do PEN Clube de Galicia, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, da Fundación Castelao e da A. C. O Brado, tamén participa na Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Padroado San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense, da Asociación dos Amigos dos Pendellos de Agolada, de Nova Escola Galega, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Irimia, entre outros colectivos.


Codirixiu a colección Árbore de literatura infantil en Galaxia, na que publicou varios títulos. Colaborou na autoría de libros de texto en galego para as editoriais Xerais e a citada Galaxia. A súa incansable actividade estendeuse tamén a colaboracións de opinión e culturais en diferentes medios de comunicación.

Facer reconto da súa inxente obra, faríase interminable, mais velaí unha escolma case ao chou. Como ensaísta Castelao corenta anos despois (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), Castelao (1996), A vida de Xesús Ferro Couselo, (1996), A vida de Eladio Rodríguez (2001), Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración, (2008). Como narrador, Castromil no espello de Compostela (1992), Ramón de Liripio (un colo no que contar) (2005), Nun bambán de non virar baldo (2009). Como poeta, Para iso está o futuro (2003). No eido infanto-xuvenil, O albendar dos animais (1987), Cousas para facer, dicir e pensar (1987), Chano (1991) e Contos de ir e volver (1994), entre outros. [O retrato está tomado da súa voz na Wiki, sen autor].





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “