O concello de Ribadavia fará melloras estructurais e enerxéticas na casa consistorial

Estas melloras faranse mediante un convenio asinado polo concello e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental. A reforma contará con dous focos de actuación. En primeiro lugar renovarase a carpintería do edificio, cun orzamento de 40.000 euros. En segundo lugar, farase unha mellora da eficiencia enerxética que asegurará o illamento e provocará un aforro no custo deste servicio e contará cun presuposto de case 40.000 euros. As obras xa están adxudicadas e comezarán a semana próxima.