Coñécese como gripe de 1918 unha pandemia de gripe que afectou a todo o planeta precisamente cando remataba a primeira guerra mundial, entre xaneiro de 1918 e decembro de 1920 infectou 500 millóns de persoas, aproximadamente un cuarto da poboación da época , e matou entre 17 e 50 millóns de persoas, un número tres veces maior que o de baixas na guerra

Aínda que se ignora onde apareceu o virus, as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais españois. España era un país neutral no conflito que asolaba o resto de Europa, e tiña unha política de censura liberal, sen aplicar a censura previa na prensa. Xa que logo, as informacións sobre a propagación da epidemia nin se suprimían nin se adozaban, e cando o rei Afonso XIII colleu a enfermidade en maio de 1918 a axencia Reuters informou da aparición en Madrid dunha estraña enfermidade da que non había constancia de mortos. A partir de xuño incrementouse o uso do termo gripe española nas informacións da prensa internacional. A prensa española da época para se referir á epidemia empregaba formas como soldado de Nápoles, dama española ou enfermedad de moda e aparecían informacións levando a orixe da enfermidade a Francia, traída supostamente a España por inmigrantes retornados. Noutros países tamén recibiu nomes locais, así en Alemañía os soldados denominárona ao primeiro Blitzkatarrh (catarro lóstrego) e os militares británicos chamárona Flanders Flu

Nestes tempos de coronavirus é habitual que todos os concellos editarón Bandos con normas de obrigado cumplimento para combatir a plaga

Vexamos un Bando publicado polo Alcalde da Cañiza cas normas que debian ter en conta os seus veciños