O Carballiño baixa ós 18 casos activos. Maside tamén baixa ós 6 casos

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 26, unha cifra que se balancea pola evolución de Maside e do Carballiño.

No Carballiño, hoxe os datos pasan dos 19 ós 18, un positivo menos ca onte. Os novos contaxios sitúanse en 18 nos últimos 14 días e entre un e nove casos nos últimos 7 días. Estes datos amosan estabilidade fronte á tendencia á alta da pasada semana. Ante este aumento, o Sergas convocou a 1.000 veciños do Carballiño entre os 18 e os 55 anos, para un cribado poboacional mañá sábado. A cita será no pavillón Paco Chao dende as 09:00 horas ata as 14:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Maside baixa ós 6 casos, dous menos ca onte, establecendo unha tendencia á baixa. Boborás mantén un caso activo, a mesma cifra ca onte. San Cristovo de Cea conta cun positivo.

E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.