Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

26-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Juan José Docampo Nóvoa (Fraga, Sagra, O Carballiño, 1963).

AVANTAR ACTIVIDADES

Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, para despois ampliar estudios de Bibliotecas e Documentación na Universidade da Coruña. De oficio bibliotecario e tamén arquiveiro, desde 2008 funcionario da Biblioteca Pública da Xunta en Santiago de Compostela.

Antes pasou polas bibliotecas universitarias da Coruña, Fene, e outros lugares, entre eles O Carballiño, no Arquivo Municipal entre 1992 e 1997, facendo un importante labor de catalogación e ordenamento, e en tales circunstancias tiven ocasión de coñecelo e tratalo pois se precisaba acceso a un dato ou á consulta dalgún documento vinculado co pasado da vila, só el podía facilitalo.

Da súa autoría son dúas publicacións de grande interese para a historia local. A primeira delas, en autoedición, foi “A Real Carta Executoria, a Real Cédula de Privilexio e as orixes da Feira e da vila do Carballiño” (1994), na que considera “oportuno estudiar e transmitir polo seu interese histórico e testemuñal” eses dous documentos “ámbalas dúas de 1728”, redactadas “nos albores da feira e da vila”, sobre a base “da escasa bibliografía coñecida (…) e no estudio das propias fontes existentes no Arquivo do concello do Carballiño e no Arquivo Histórico Provincial de Ourense”.

A seguinte aportación de Docampo Nóvoa foi “O Arquivo do Concello do Carballiño. Guía xeral. Unha aproximación á historia do Concello e da vila a través dos documentos” (Concello do Carballiño, 1998), prologado polo daquela alcalde Manuel Vázquez Fernández, Pachi, e nos agradecementos cita ao anos despois alcalde, Paco Fumega, e máis a Xosé Luís Sobrado, ambos do Centro de Estudios Chamoso Lamas, colectivo ao que pertence o autor desde hai anos.

Unha publicación de manexo obrigado para historiadores e especialistas interesados na historia local. Como ben afirma na súa introdución que “dado que o arquivo do Concello sempre foi algo pechado, que só o persoal que nel traballaba e coñecía, cumprindo deste xeito un dos obxectivos que en todo depósito documental se debe desenvolver como é o de publicar e dar a coñecer o que nel se conserva”.

Remexendo agora nas súas páxinas, un bota de menos que actualmente o Arquivo non se manteña en mans cualificadas para o seu coidado e mesmo para traballar no medre dos seus fondos, pois afirmo que somos moitos os carballiñeses con vínculos coa vila que de ser así, faríamos depósito de materiais que por circunstancias diversas da vida, mantemos no noso poder no convencemento de que mellor estarían a dispor dos investigadores interesados.

Docampo Nóvoa ten feito outras aportacións en formato de ensaios e artigos para revistas e obras colectivas arredor de temas vinculados a súa formación de historiador. Actualmente, como ben afirma, nas fins de semana achégase á casa familiar en Mesego “coidando da súa nai e máis da horta”.





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “