Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

27-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Carlos Montes Marqués (O Carballiño, 1966).

Tamén coñecido pola súa etapa na alcaldía carballiñesa (2005-2011), aquí asoma na súa faceta de historiador e escritor.

Foi un neno de tantos naquel Carballiño dos anos setenta, da quinta de mocidade do actor José García e outros naquel barrio de San Ramón, onde os Montes tiñan a súa casa paterna.

Pasou polas aulas do Isabel La Católica entre 1971 e 1981 para despois irse ao IES nº 1 da vila ata 1986. O paso académico seguinte foi o de marchar a Santiago de Compostela para licenciarse en Xeografía e Historia en 1990, na especialidade de Historia Contemporánea, disciplina que seguramente lle ven por contaxio da súa nai, que era unha apaixonada lectora do xénero histórico e tiña unha boa biblioteca na casa.

A súa tesina de fin de carreira foi sobre a Sociedade Ourensán no s.XIX. Sen deixar de interesarse polos temas históricos, foi un dos fundadores do Centro de Estudios Chamoso Lamas en 1994.

Nomeado director da emisora Cablevisión do Carballiño en 1997, dous anos despois pasou a dirixir a Escola Taller Arenteiro.

O seu primeiro aporte á bibliografía histórica carballiñesa foi o volume “As Orixes do Carballiño. 1600-1750” (2002), rigoroso percorrido sobre as orixes da vila con interesantes aportacións sobre a súa xénese como entidade territorial e demográfica ao longo de século e medio, con especial incidencia na Feira e as súas circunstancias, ao tempo que cuestionaba algúns mitos e aportaba novos marcos.

Máis recentemente “Alarifes do Carballiño” (2023), supón unha inédita recuperación de nomes que van desde o século XVII ao XIX, ata un total de 38 nun minucioso traballo de investigación e pescuda. Ambos libros publicados para o citado Centro, que promove congresos anuais aos que tamén ten presentada numerosas comunicacións.

Aínda que segue a investigar, actualmente está a traballar nunha novela histórica con ingredientes de ficción “sobre un persoeiro do Carballiño que chegou a ser héroe nacional. Vai tamén sobre Masonería e as guerras carlistas dentro desta Comarca… O persoeiro foi un gran dinamizador do Carballiño do século XIX, ademais de alcalde, deputado Provincial e membro da Xunta Central de Galicia, ademais de Comandante das Milicias Nacionais e condecorado varias veces”.

Engade Montes que nas súas páxinas recollerá “varias batallas da 1ª Guerra Carlista na comarca carballiñesa”, pero prefire silenciar o seu nome para manter o suspense.





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “