O club Carballiño de Fútbol Sala fixo pública hoxe a detección de tres casos activos de coronavirus entre os integrantes do plantel do equipo sénior de Terceira División. Deste xeito, activando o protocolo, foron suspendidos os adestramentos e o partido deste sábado día 1, que se ía a celebrar no Carballiño fronte ó Pavillón E.D. Ourense, queda aprazado.

Os tres casos foron comunicados, de xeito simultáneo, tanto ó Sergas coma á Real Federación Española de Fútbol, para proceder a adoptar as medidas necesarias. Dado que os integrantes do equipo de 3ª división non adestraron esta semana, todas as actividades do clube continuarán desenvolvéndose con todal normalidade e sen risco algún de contaxio para o resto de equipos.