Actividades infantís para a conciliación familiar e laboral: Piñor concilia “Diverentroido” 2023

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS PIÑOR CONCILIA “DIVERENTROIDO”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste en actividades diarias para cativos de 4 a 12 anos de idade. Levaranse a cabo o luns 20 e o mércores 22 de febreiro  (o martes 21 non habería actividade por ser unha festividade local). As nenas e nenos participantes poderán desfrutar de xogos variados e manualidades.

O período de inscrición será ata o martes 14 de febreiro de 2023.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Servizos Sociais ofrécese máis información e a documentación para formalizar a inscrición, que seguirá as bases que foron publicadas por resolución de alcaldía, e que poden consultarse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do propio concello.

piñor concilia “diverentroido” 2023