Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual
33-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Serafín Portugal Soto (O Piñor, Cea, 1924-Santiago de Compostela, 2021).
Aínda que residente nos últimos anos no barrio compostelán de Fontiñas, boa parte da súa vida estivo vinculada a Venezuela, onde residiu durante máis de 40 anos, despois de asentarse alí en 1954.
Na lapela dun dos seus libros, “Gallegos emigrantes emprendedores en el mundo” (Audoedición, 2008, 2ª edición ampliada), recolle que fixo o bacharelato nos Escolapios de Monforte, despois un primeiro ano de Dereito en Compostela e finalmente licenciouse en Trabajo Social na Universidad Central de Venezuela.
Foi tamén un emprendedor: “colegios, estacionamientos, disco-tienda, etc.”, e no tocante a traballos desempeñados, anota que en Galicia exerceu de “maestro nacional, profesor de secundaria, fundador de un colegio”, mentres en Venezuela foi “profesor contratado polas universidades UCV y Metropolitana de Caracas” ademais de “programación, supervisión y dirección en el CNV (Consejo Venezolano del Niño), en el BO (Banco Obrero) y en el INAVI (Instituto Nacional de la Vivienda)”.
No capítulo de “otras responsabilidades”, anota que pertenceu aos consellos directivos da Hermandad Gallega de Venezuela, Fillos de Ourense en Caracas, e Colegio de Licenciados de Trabajo Social de Venezuela, entre outros.
Como xornalista colaborou nos xornais galegos El Correo Gallego, O Correo Galego e La Región. As súas publicacións son “Mi Legado” (2016), “Reflexiones sobre emigrantes retornados” (2012), “Vivencias de un gallego en Venezuela” (2000), a citada “Gallegos emigrantes emprendedores en el mundo” (2007) “Industria del curtido y la familia Portugal” (aUTOEDICIÓN, 2014). Nesta publicación recolle máis de douscentos cincuenta biografías de emprendedores en numerosos eidos profesionais, unhas manexando información de primeira man, noutras recorrendo a fontes secundarias co risco a imprecisións, pero ao cabo resulta un aporte ben curioso, en particular o capítulo “Gaiteiros galeico-venezolanos inspiradores, creadores y animadores sociales”, e atopo ben interesante os apuntamentos biográficos de Rafael Valeiras Corral “Chafarote” (O Carballiño, Barrio de Flores, 1918), que emigrado a Venezuela creou o “Grupo Chafarote” coa súa muller: ela tocaba “el redoblante, el bombo y el pandero y a él le correspondía la gaita, el acordeón, el clarinete…”. Finalmente anota a Rogelio Rodríguez (1845), “muy conocido en la comarca de O Carballiño, entroncada con las tradiciones del Riveiro”, e seica amigo do tamén gaiteiro Juan Míguez, o Gaiteiro de Ventosela (1847-1912).
Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”
Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “
Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”
Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”
Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”
Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”
O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “
O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “
Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “