O certame literario “Antón Tovar” xa ten xurado

Conchita Rúa, licenciada en Xeografía e Historia, profesora xubilada do IES Lagoa de Antela de Xinzo da Limia e membro do Consello Asesor do Museo da Limia, presidirá o xurado do Certame literario “Antón Tovar”.

A Xunta Directiva vén de nomear o xurado que fallará o Certame Literario “Antón Tovar”, convocado con motivo dos 20 anos do pasamento do escritor limiao.

AVANTAR ACTIVIDADES

O xurado estará presidido por Concepción Rúa González, profesora xubilada, membro do Consello Asesor do Padroado do Museo da Limia, actuará de secretario Juan Jardón Nogueiras, oficial Rexistro Xinzo e completarano tres vogais: Xela Fernández Fernández, directora CEIP Carlos Cid Arregui, Rairiz de Veiga, Manuel Jardón Pedras, profesor xubilado, membro do Consello Asesor do Padroado do Museo da Limia e María Garrido Rodríguez, profesora do IES Cidade de Antioquía de Xinzo.

O prazo de presentación das obras remata o 20 de maio, o fallo darase a coñecer o 4 de xuño, coíncidindo co 20 aniversario do pasamento do poeta da Pereira e a entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará no Museo da Limia o 15 de xuño. As bases poden consultarse na web do Museo, https://www.museodalimia.com/

A obra poética e narrativa  de Antón Tovar, feita de autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario Antón Tovar por parte do Museo da Limia quere ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.