A tenda de moda íntima Ende Ben celebra o seu 20º aniversario con descontos

A tenda de moda íntima Ende Ben do Carballiño celebra 20 anos de traxectoria, grazas a clientes fieis que se converteron en amigos. Para celebrar esta data teñen preparado durante toda esta semana grandes descontos, tamén pensando na tempada de verán, e as sorpresas máis doces.

Ademais, esta celebración non pode chegar en mellor momento. Este domingo celébrase o Día da Nai, e Claudia Bueno, a súa propietaria, convida a todos a confiar no comercio local para mercar os mellores agasallos.

AVANTAR ACTIVIDADES