O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira con triple programación, pensando na fin de semana festiva. Por unha banda, repite o filme do xogo de consola Mario Bros, o venres, sábado e domingo e luns e xoves, ás 16:00 horas.
Por outra banda, a comedia “Vaya vacaciones”, o venres, sábado e domingo e luns e xoves próximos ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.
E por último, “El imperio de la luz”, que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 20:00 horas.