Un emigrante Boborasense, José Luis Rodríguez Taboada afincado en Panamá dona un cadro da súa autoría chamado “Boborás”

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello agradece tal detalle deste veciño afincando no exterior, unha mostra máis do inmenso cariño e apego que lle teñen a esta terra. Ademais é un orgullo poder contar con estas obras pictóricas no edifício sociocultural Manuel Chamoso Lamas inaugurado hai un ano.

A descrición da obra é a seguinte:

HIPER MASIDE

FICHA TÉCNICA DA OBRA Autor: José Luis Rodríguez Taboada

Título: “Boborás”Técnica: Pintura matérica e óleo sobre lienzoDimensións : 180 cm. X 90 cm.Ano: 2021

Descrición: Tríptico que expresa algúns elementos que identifican a historia e costumes do Municipio de Boborás, os cales se detallan a continuación:O relieve xeral da obra está realizado con granito característico da zona. Ademáis, pódese observar do lado esquerdo, a cruz di escudo do Concello, onde o autor a divide en dúas  partes coas súas respectivas tonalidades, simbolizando o wolframio e o ouro, elementos que foron característicos dos xacementos mineiros destas terras.

Na parte superior atópase o símbolo da ruta do viño do Ribeiro, que pasa por este municipio, así como se pode observar na parte dereita a cruz de Malta, como selo da importancia histórica destas terras.Tamén aparece plasmado o trenzado e os paus de madeira que se empregan durante a “Danza das Mudacións de Xuvencos” e que lembra a identidade cultural desta zona.O sombreado oscuro que aparece na obra obtivose con cinzas das árbores autóctonas da área. 

Obra de Arte Contemporánea doada polo autor ó  Centro Cultural Manuel Chamoso Lamas do Municipio de Boborás.