Mañá xoves, no aparcadoiro do entorno do centro educativo IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño, das 10:00 horas ás 14:00 horas estará a Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.