O Ribeiro acolle a tres turistas que percorren España visitando Denominacións de Orixe

A D.O. Ribeiro recibe hoxe a Antonio di Lelio, Eduardo Pelayo e Rodrigo Guerrero, tres amigos que se propuxeron cruzar a Península Ibérica en bicicleta de montaña  por unha boa causa. O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, deulles a benvida nas instalacións da entidade, despois de que visitaran varias bodegas en Cenlle e Ribadavia.

Os tres peregrinos iniciaron a súa viaxe en Vilafranxa del Penedés, en Barcelona, e no transcurso visitaron xa 14 denominacións de orixe. Mañá chegarán ó seu destino final. Esta iniciativa pretende, en 15 días, percorrer o que denominan “O Camiño do Viño”, percorrendo en bicicleta máis de 1.200 km e disfrutando da esperiencia de coñecer estas 14 cunas do viño. O obxectivo final é por en valor e dar a coñecer entre a xente a gran importancia cultural, histórica, gastronómica, económica e demográfica que este producto ten en España. A proposta solidaria que levan a cabo ten como finalidade recaudar fondos para a entidade FundAME, que loita contra a Atrofia Muscular Espinal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Juan Casares informounos de que no Ribeiro “tenemos nuestro su propio Camiño do Viño, una iniciativa enmarcada en las actividades que impulsamos, junto con el C.R.D.O. Ribeiro, para potenciar el territorio histórico de la comarca”. Este proxecto do que lles falou ten coma obxectivos promocionar os recursos do territorio utilizando o viño como protagonista e dinamizar a comarca do Ribeiro.