A compañía carballiñesa foi recoñecida polo seu espectáculo Cabaret nas categorías de mellor espectáculo, espazo escénico e vestiario

A compañía de teatro carballiñesa Dar Trela acadou tres galardóns na primeira edición dos Premios FeteaGal–Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego. A súa obra Cabaret foi distinguida cos premios ao mellor espectáculo, ao mellor espazo escénico e ao mellor vestiario.

Desde a agrupación expresaron a súa satisfacción por estes recoñecementos, que poñen en valor o esforzo e a creatividade de todo o equipo implicado na montaxe. Dar Trela tamén agradeceu o labor da organización dos premios e destacou o desenvolvemento da cerimonia de entrega.
A compañía dedicou igualmente unha mención especial ao seu director, ao que atribúe unha parte fundamental da boa acollida e dos resultados que está a obter a obra.

Tras este éxito, Dar Trela continuará levando Cabaret aos escenarios e anunciará proximamente novas representacións.


















