Ourense conta cun único ingresado en coidados intensivos e reduce os casos activos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 118 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.327, cun leve descenso. A presión asistencial descende. Hoxe hai 27 (-9) persoas na UCI, e 179 (+1) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe mantéñense as cifras estables. Hoxe hai 2 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa en 23 casos ata os 127 casos totais na última fin de semana. Os hospitais mantéñense estables, contando con 20 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE