Moción do PP para una axenda cultural e deportiva no Concello do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o grupo municipal do PP do Concello do Carballiño presentamos unha moción para a creación e posta en marcha dunha axenda cultural e deportiva en colaboración coas diferentes asociacións e clubs do pobo. 
Desde sempre as diferentes asociacións culturais e os clubs deportivos veñen realizando unha cantidade significativa de actividades na vila e o concello, en moitas ocasións, dálles apoio, permitindo o uso das instalacións municipais.
Este sistema e axeitado, xa que permite a iniciativa dos diversos colectivos da nosa vila, pero ao mesmo tempo pode ser unha fonte constante de conflitos entre as asociacións e o Concello, por cambio de última hora ou outros imprevistos.
Por elo se fai imprescindible a creación dunha AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA que permita que todas estas asociacións e clubs poidan coñecer as datas dispoñibles e que o Concello poida coordinalas, tendo en conta tamén as súas propias actividades, evitando eventos similares nas mesmas datas e favorecendo unha axeitada organización dos actos culturais e deportivos ao longo do ano.
É polo que se somete a votación do pleno o seguinte:
1. A creación e posta en marcha dunha axenda cultural e deportiva común coas distintas asociacións e clubs da vila, tendo en conta as suxerencias que as distintas asociacións culturais e clubs deportivos poidan facer sobre o seu formato.
2. Que a axenda estea exposta de forma pública e permanente na páxina web e redes sociais do concello para que os veciños poidan coñecer a oferta cultural e deportiva.
3. Que a axenda inclúa unha programación específica para o seu desenrolo no rural, o gran esquecido á hora de ofertar actividades.