Nova Ruta das Tapas en xaneiro, adicada ós países do mundo en 13 locais

Esta mañá, no café bar Don Paco do Carballiño, tivo lugar a presentación dunha nova xornada da Ruta das Tapas, a segunda do mes de xaneiro, adicada neste caso ós países do mundo. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e tamén outras entidades como os viños Pazo Tizón, tamén presentes hoxe e a Asociación de Pulpeiros do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

En representación dos hostaleiros, o anfitrión de hoxe animou a todos a participar nesta nova edición. A continuación amosámoslles cada unha das tapas que poderán degustar mañá venres.

Ademais, a presentación de hoxe contou con acompañamento musical. Daniel Eduardo Ordoñez deleita ca súa música en moitas ocasións as rúas do Carballiño, e hoxe fíxoo nesta Ruta das Tapas. Leva tres anos en España e no seu tempo libre dedícase a regalar arte con pequenos xestos coma o de hoxe.