Gabriel Alén reivindica o valor dos obradoiros de emprego tanto para as persoas desocupadas como para entidades locais promotoras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá na clausura do obradoiro de emprego ‘Río Arnoia’ no Concello da Merca

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense anunciou o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de preto de 347.000€ por parte da Xunta

Gabriel Alén presidiu o acto de entrega dos diplomas aos 20 alumnos do obradoiro Río Arnoia no que a Consellería de Emprego e Igualdade investiu 346.946 euros

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, clausurou esta mañá o obradoiro de emprego Río Arnoia no Concello da Merca e anunciou o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, Río Arnoia igualmente baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de preto de 347.000€ por parte da Consellería de Emprego e Igualdade, no que participan tamén os concellos de Ramirás e Cartelle.

O delegado territorial reivindicou o valor dos obradoiros de emprego tanto para as entidades locais promotoras, “por canto levan a cabo proxectos que redundan en beneficio da zona na que se desenvolven” como “para os directamente beneficiados: as persoas sen emprego”.

Neste senso, destacou que non só proporcionan aos participantes traballo e un salario durante o período de duración da actividade, senón que ofrecen “unha formación teórica e práctica que lles permitirá reorientar a súa carreira profesional cara a actividades que acreditan unha notable demanda no mercado de traballo”.

O representante do Goberno galego, que estivo acompañado polos alcaldes da Merca, José Manuel Garrido; de Cartelle, Jaime Sousa e pola alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, lembrou que os alumnos reciben hoxe os seus certificados de profesionalidade, que teñen validez en todo o territorio nacional, expedidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, e expuxo as vantaxes que supoñen os obradoiros de emprego como é a súa contribución a fixar poboación no rural. Neste senso, subliñou que para o Goberno galego o rural é unha prioridade.

Promovido polo concello da Merca, e no que participaron os concellos de Cartelle e Ramirás, este proxecto supuxo un investimento da Xunta de 346.946 euros. Os vinte alumnos-traballadores desenvolveron nestes nove meses as especialidades de actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería e operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Actuacións

No Concello de Cartelle levaron a cabo actuacións e traballos no acceso e contorna en Fonte Ferra no núcleo de Nogueiró; acondicionamento de parque infantil en Santa Baia; mellora da área recreativa en Outomuro; mellora da contorna do centro ecuestre O Mundil; acondicionamento da fonte de Teixeira; rehabilitación do galpón para inseminación de gando en Outomuro; a construción de baños en área recreativa e acondicionamento da fonte en Ulfe; a limpieza e reparación de beirarrúas en Espiñoso, Outomuro, Nogueiró, Cartelle, Reigoso, Sande e Parvón; a rehabilitación de lavadoiro en Lamas de Outeiro; a reparación da fonte lavadoiro en Madarnás; o acondicionamento da poza en Sanguñedo; a restauración do galpón no campo da feira de Cartelle; o acondicionamento das áreas recreativas do Santo e Ponche Nova; e a construción dunha senda peonil en Nogueiró.

No Concello da Merca, rehabilitación de praza pública na Merca; a limpeza e recuperación de fonte lavadoiro e mina en Pereira de Montes; a mellora da fonte lavadoiro en O Casal; a reparación da fonte e acondicionamento de contorna en Salpurido; o acondicionamento de fonte lavadoiro en Froxás de Montes; a preparación de mina de auga e contorna en Froxás de Montes; actuacións en pista polideportiva en Zarracós.

E no Concello de Ramirás, rehabilitaron a antiga escola de Freas de Eiras.