O grupo popular pregunta polos campamentos de verán no Carballiño que axuden a conciliación de cara ao verán do 2020.

A Xunta de Galicia pola súa parte dentro da convocatoria de prazas xuvenís no programa campaña de verán 2020 ofrece prazas na residencia do tempo libre do carballiño.

Nada se sabe sobre a posible posta en marcha de campamentos de verán por parte do Concello do Carballiño, que se fan necesarios tanto para desfrute dos cativos como para unha mellor conciliación familiar.

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa convocatoria xa está a chegar tarde, pois nin virtual nin moito menos presencialmente os rapaces xa non terán clases a partires de principio da semana que entra.

Somos sabedores de que para a organización destes campamentos se debe de contar con maior número de monitores por alumno para garantir as medidas necesarias derivadas da COVID19 incluso dentro da Nova normalidade que estamos a estrear no día de hoxe en Galicia, mais o esforzo dende o Concello ben valería a pena, pois eles os mais cativos, son os que máis necesitan desfrutar dunha vida cotiá o mais parecida á que sempre se viviu, polo que, esperemos que se de organizado algo ao respecto, tal como xa se está a facer noutros Concellos.

Pola súa parte, a Xunta de Galicia, este verán e por primeira vez, decide que a Residencia do Tempo Libre, sexa unha localización máis de lugar para recibir un campamento xuvenil dentro do programa Campaña de Verán 2020 que hoxe mesmo 15 de xuño sae publicado no DOG.

Cumpre recordar que as residencias de tempo libre do Carballiño e de Patos destinábanse nesta época do verán ao turismo familiar, mais a Xunta de Galicia tomou a decisión de poñer en marcha no seu lugar campamentos de verán coa intención de promover a conciliación e tamén de destinar máis recursos de ocio e tempo libre ás nenas, nenos e adolescentes logo de pasar moitas semanas do confinamento.

Esperamos, pois que o Concello, por unha parte organice os seus campamentos polo que as familias están esperando e por outra parte se poña a disposición da Consellería de Política Social para facilitar actividades os rapaces que estean nestes campamentos organizados na Residencia do Tempo Libre do Carballiño.