Un conductor de 34 anos resultou ferido leve onte pola noite ao impactar o vehículo que conducía contra a protección dereita do viaducto da A-52, no municipio de Ribadavia. Concretamente, a colisión foi no punto quilométrico 252, á altura da localidade de Ventosela, cando o automóbil circulaba en sentido Madrid. Ata o lugar do suceso acudiron equipos do GES Ribadavia, Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro, Servizo 062 e Garda Civil de Tráfico.
