Unha plataforma veciñal do Irixo reclama a concentración parcelaria

Os veciños da parroquia de San Cosme de Cusanca, no Irixo, veñen de constituír unha plataforma co obxectivo de reactivar a concentración parcelaria, e que xa foi solicitada no ano 2016.

Nun comunicado, a Platoforma explica que “dende a Xunta anunciouse que se levaría a cabo un estudio pormenorizado da zona, pero dende entón nada se soubo”. Por iso, os veciños, que queren explotar estes terreos, piden a concentración parcelaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

A plataforma xa solicitou unha reunión co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, e co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, prevista para este venres.

Consideran que “ante a lei que se tramita no Parlamento de Galicia sobre a recuperación de terras abandonadas en Galicia, esta debe ir precedida dunha concentración parcelaria, na que os donos, mantendo a propiedade plena sobre as parcelas concentradas, poidan explotalas por sí mesmos ou as súas familias, ou no seu caso decidir vendelas, alugalas ou cedelas”.