Tiruleque cancela a actuación do domingo por problemas de axenda do grupo de teatro

Este domingo estaba prevista a obra CHICAGO KILLERS a cargo de Atrezo Teatro no Auditorio Manuel María do Carballiño, pero a compañía informou á organización da imposibilidade de desprazarse por motivos de axenda, polo que ten que ser cancelada.  

O Grupo de Teatro quere continuar cas actividades a prol da cultura no Carballiño, esteamos ou non confinados, e dado que traballan no eido do teatro, aseguran que o seu propósito é continuar coas actuacións que no seu momento quedaron adiadas a solicitude do Concello. Polo tanto, os Circuítos Galegos de Teatro Afeccionado terán a súa continuidade.

AVANTAR ACTIVIDADES