Comunicado do PP de Xinzo de Limia en defensa do concelleiro Ricardo Sieiro

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende o Partido Popular de Xinzo queremos expresar a nosa máis rotunda condena ante os feitos acontecidos, así como fronte a calquera campaña de manipulación, difamación ou ataque persoal dirixido contra o noso compañeiro Ricardo Sieiro por motivo da súa orientación sexual.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Consideramos absolutamente intolerable que, en pleno século XXI, se produzan comportamentos de carácter homófobo no ámbito público. Este tipo de actuacións vulneran de maneira directa a dignidade das persoas e atentan contra os principios máis básicos de igualdade e respecto que deben rexer a convivencia en Xinzo.

Queremos trasladar o noso apoio persoal, político e institucional ao noso compañeiro, ao tempo que reafirmamos con firmeza o noso compromiso coa defensa da liberdade, da igualdade real, do respecto mutuo e dos valores democráticos que deben guiar a acción pública.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Esiximos a rectificación inmediata dos responsables, a retirada de calquera contido ofensivo e o cesamento de toda actuación que contribúa á confrontación e á desinformación.

O Partido Popular continuará defendendo con determinación unha vila libre de calquera forma de discriminación, baseada no respecto, na igualdade efectiva e na protección dos dereitos de todas as persoas, sen excepción.

Fronte ao odio, responderemos sempre con firmeza democrática, dignidade institucional e defensa da liberdade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------