CxG de Punxín pide a celebración dunha semana de actividades na honra de Benigno Quiroga

O voceiro da formación, Eladio Fernández, lembra a figura do creador da fundación, Benigno Quiroga, e asegura que debe ser lembrado no eido da cultura, deporte e solidariedade 

Publicidade

CxG pretende que coa creación dunha Semana da Cultura Benigno Quiroga, a Corporación comprométase a elaborar un cadro de actividades lúdico deportivas e culturais, como máxima representación e participación dos veciños do todo o concello de Punxín e tamén de toda a comarca. Estas actividades terían a función de resaltar os valores do valedor desta fundación. Por elo, Compromiso x Galicia en Punxín leva esta petición a pleno esperando contar co apoio dos demais grupos da corporación.