O concello de Avión presenta no BOP a redacción definitiva dos seus orzamentos para este ano 2020

Despois de quedar definitivamente aprobado o orzamento deste concello para o exercicio de 2020 ao non se ter presentado reclamacións contra a aprobación inicial, acordada polo pleno, o Concello anuncia as principais partidas previstas para este ano. 

Publicidade

O presuposto total encaixa cos ingresos previstos por recadación de impostos, que ascende a 2 millons 300 mil euros. En gastos de personal, o concello prevé invertir unha cuantía que ascende a 971.000 euros. No caso das inversións en obras de bens e servizos prevese unha cuantía de gasto de 250.000 euros. 

Ademáis, tamén se presentou o informe de intervención no que s emostra o cumprimento do obxectivo de estabilidade deste orzamento.