A Deputación constitúe a Comisión de Municipios da Vía da Plata para impulsar a promoción da provincia aproveitando “os factores que nos fan singulares”

O presidente provincial, Luis Menor, participa na constitución da Comisión de Municipios da Vía da Prata. No Centro Cultural Marcos Valcárcel, na que asisiten os alcaldes ou representantes de tódolos concellos no que transcurro dito Camiño na provincia de Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor, presidiu hoxe a primeira reunión do grupo de traballo, integrado polos 28 concellos que atravesa este itinerario xacobeo e pola asociación cultural Amigos do Camiño de Santiago Vía da Plata-Camiño Mozárabe

Luis Menor explicou que con esta comisión materialízase “un dos compromisos anunciados por este goberno para impulsar a promoción da provincia aproveitando os factores que nos fan singulares fronte a outros territorios”

AVANTAR ACTIVIDADES

Os obxectivos desta comisión son analizar os puntos débiles do camiño e propoñer solucións para convertelo nunha ferramenta clave na dinamización do territorio, coñecer o estado do itinerario e propoñer melloras ou novos servizos

A Deputación de Ourense vén de constituír esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel a comisión de municipios da Vía da Plata, un grupo de traballo integrado polos 28 concellos polos que atravesa este itinerario xacobeo e pola asociación cultural Amigos do Camiño de Santiago Vía da Plata-Camiño Mozárabe, a ruta xacobea de maior extensión en Galicia con máis de 200 km, dos cales a maior parte transcorren por municipios ourensáns.

O presidente provincial, Luis Menor, presidiu hoxe a reunión de constitución desta comisión -á que asistiron alcaldes, concelleiros e técnicos municipais, xunto con representantes da citada asociación, para sentar as bases de traballo deste novo órgano.

Na xuntanza, o presidente explicou que con esta convocatoria  materialízase “un dos compromisos anunciados por este goberno provincial de impulsar a promoción da provincia aproveitando, precisamente, os factores que nos fan singulares fronte a outros territorios”.

Unha das principais singularidades deste itinerario é a súa vinculación co AVE xa que ofrece dous fitos salientables, rexistrando os dous puntos de partida mínimos para obter a Compostela: desde A Gudiña (porta de entrada do AVE a Galicia) 200 km en bicicleta e 100 km camiñando desde a cidade de Ourense.

Obxectivos e retos marcados pola Comisión

Neste sentido, o obxectivo da comisión é analizar os puntos débiles do camiño e propoñer solucións para convertelo nunha ferramenta clave na dinamización do territorio, coñecer o estado do itinerario no relativo a cuestións como a sinalización ou a seguridade, e propoñer melloras ou novos servizos, estudando tamén o perfil do peregrino.

Entre as primeiras actuacións que se puxeron sobre a mesa figura o desenvolvemento de iniciativas coas que involucrar á poboación local, crear un calendario de eventos culturais e enogastronómicos e deseñar viaxes para axencias especializadas e prescriptores.

Coa posta en marcha deste órgano consultivo “poderemos traballar de xeito conxunto e coordinado para impulsar a Vía da Plata escoitando aos actores principais que xestionan o territorio, como son os rexedores locais, xa que son os que mellor e maior coñecemento teñen da situación en cada un dos seus municipios”, salientou Luis Menor.

Deste modo, o presidente provincial animou aos representantes municipais a formular propostas específicas para os seus municipios, pero tamén xerais para o conxunto da ruta.

Firme compromiso coa Deputación de Zamora

Luis Menor anunciou durante este primeiro encontro de traballo que existe un “acordo firme coa Deputación de Zamora para deseñar accións conxuntas e coordinadas de maior amplitude que axuden a revitalizar o camiño”