O concello de Cortegada pon a disposición dos veciños o plan madruga para o vindeiro curso académico do Ceip Otero Novas

É un servizo complementario básico para permitir a conciliación da vida familiar coa laboral da veciñanza. Este servizo ofrecerá unha atención integral e personalizado para nenos e nenas. O servizo comeza todos os días lectivos do curso ás 8h e esténdese ata a hora do inicio das clases. O concello subvenciona o 75% do custo que é de 20€ e 30€ para familias cun e dous fillos censados en Cortegada, e de 30€ e 40€ se non están empadroados. Para as familias numerosas o servizo é de balde. A solicitude debe presentarse no concello ata o 15 de xullo.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES