O C.D. Arenteiro convoca ós socios a unha asamblea extraordinaria o día 9 de xullo

O presidente da Xunta Directiva Club Deportivo Arenteiro, convoca a asamblea extraordinaria de socios/as, a celebrar no auditorio Manuel María o vindeiro día 9 de xullo ás 20:30 horas en primeira convocatoria e as 21:00 horas en segunda e definitiva.

Na orde do día inclúese o balance deportivo, social e económico da temporada 2020/2021, o avance de proxecto para a próxima tempada, a fixación de prezos para Abonos e entradas, a actualización de listado de socios/as e un informe sobre o terreo de xogo de Espiñedo.

AVANTAR ACTIVIDADES