Co pregón e un concerto de música sacra comeza este domingo no templo da Veracruz a programación relixiosa da semana santa no Carballiño

AS TRES CORAIS CARBALLIÑESAS PARTICIPARÁN NESTE EVENTO CULTURAL ÁS 20,00 H

O Carballiño, 25 de marzo de 2023.- A Coral Polifónica do Casino, que dirixe Jaime González Pichel; O Orfeón, que dirixe Christian Casas Hernández, e o Coro de Cámara Música Viva, que dirixe Miguel Sáez Sotelo, serán as protagonistas do concerto de música sacra que terá lugar este domingo, 26 de marzo, a partir das 20,00 h, no templo da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento comezará ao remate da lectura do pregón e da misa, que se celebrarán ás 19,00 h., consecutivamente, e na que se contará coa colaboración da Coral Polifónica de Teis, Vigo.

Con estes actos ábrese a programación relixiosa de Semana Santa, que promove a Cofradía da Vera Cruz, e que proseguirá o luns, 27 de marzo, cunha conferencia sobre “La sábana Santa, testigo de la Resurrección”, que impartirá o Dr. Víctor Manuel Marugán Isabel, pediatra neonatólogo do Complexo Asistencial de Zamora. Será ás 20,30 h, na Igrexa Parroquial de San Cibrao, onde se desenvolverá o ciclo de conferencias, que culminará o xoves, 30 de marzo, tamén ás 20,30 h, o catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel García Iglesias, e que versará sobre “Los pasos de la Semana Santa de O Carballiño. Presente y futuro”.