O Concello de Castrelo cancela a súa feira mensual

A feira de Castrelo de Miño reune textil, alimentos, postos de comida e música.

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazo, emitiu un bando no que informaba da decisión de cancelar a feira que se celebra de xeito mensual. A motivación do rexedor é a de “preservar a saúde colectiva”.

Publicidade

Así mesmo, pide á cidadanía que respecte as medidas de hixiene, distanciamento e o aforo das reunións recomendadas por Sanidade e apela á responsabilidade individual para frear a evolución da pandemia, que afortunadamente conta con moi poucos casos no municipio.