O Partido Popular pide a dimisión do Alcalde de Maside

O xulgado contencioso administrativo, número 2 de Ourense, coa data de 9 de novembro de 2021, emitiu sentencia no procedemento ordinario 61/2020 a consecuencia da denuncia dun particular na que se anula a licencia de obra e ordena a restauración da legalidade urbanística co conseguinte derribo do construído ao seu amparo e todo elo sen prexuízo das accións que as partes podan exercer no seu día contra o actual alcalde.

Tamén se establece nesta sentenza, que sendo o alcalde a mesma persoa que elaborou o proxecto como arquitecto e director de obra, é máis que evidente que constitúe unha causa de abstención que debeu ser apreciada tan pronto como se tivo coñecemento da mesma. Ao non facelo así, incumpriu a súa obriga, provocando que a súa actuación puidese determinar, por si mesma, a anulación do acto (a licencia outorgada), coa conseguinte responsabilidade persoal fronte aos propietarios das parcelas afectadas, tanto na súa condición de alcalde, como por ser o arquitecto autor do proxecto e director da obra.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte do Grupo Municipal do PP, ante a manifesta nulidade da licenza xa, o 5 de Febreiro 2021, se solicitou por medio de escrito a iniciación dos trámites de declaración da nulidade da licenza, iniciando o procedemento de revisión de oficio legalmente predeterminado, co fin de repoñer a legalidade urbanística, e co fin de depurar as responsabilidades na que se tivera incorrido. Esta solicitude de revisión de oficio nunca se resolveu por parte do alcalde.

O citado anteriormente xustifica a petición dun Pleno Extraordinario no que se solicita:

  1. A dimisión do Alcalde de Maside por non absterse na concesión da licencia de obra, que pon de manifesto unha clara incompatibilidade do seu cargo de alcalde e os seus servicios profesionais como arquitecto, así como pola concesión da licencia sendo coñecedor de que carecía da necesaria cobertura de lexislación e planeamento como acredita a resolución xudicial. Esta forma de actuar está a causar un tremendo prexuízo a todos os veciños de Maside.
  • A revisión de oficio de nulidade de pleno dereito, instada xa en febreiro do 2021 polo grupo Municipal do PP, tendo en conta que a licencia non foi levada a pleno, e atendendo o fundamento e fallo da sentenza, se nos indique que persoal e que  autoridades son as responsables do incumprimento da obrigación de resolver.
  • A depuración das responsabilidades do Alcalde e Arquitecto do Proxecto na anulación da licenza, ao efecto de evitar as responsabilidades patrimoniais do Concello que no seu caso reclamen os propietarios das parcelas afectadas, tal é como determina a sentenza.
  • Derivar as posibles responsabilidades que teña que afrontar o Concello pola anulación da licenza, ao alcalde e ademais arquitecto do proxecto e director de obra tal e como se recolle na sentencia xudicial que establece a súa responsabilidade persoal.