A vacina chega hoxe a 800 sanitarios dos tres hospitais da provincia

Hoxe reanudouse a vacinación de todo o persoal Sergas dos hospitais de Ourense, Verín e O Barco. Empregaranse as vacinas de Pfizer e Moderna. Segundo as previsións rematarase esta semana. A vacinación estará ao cargo dos equipos especiais de enfermería de vacinación e de Medicina Preventiva. 

Publicidade

No proceso de citación seguirase un criterio de orde alfabética, comezando pola letra Y, que é a que está oficialmente establecida para o inicio de chamamentos no conxunto do Estado.

Hoxe estaba programada a vacinación de 800 profesionais   (deles 160 no Barco e 100 en Verín)  en horario continuado desde as 8:15 as 21:30.