Maside aproba por unanimidade o programa “avanzando xuntos”

O pleno do concello de maside aproba por unanimidade o programa “avanzando xuntos” consensuado entre o psoe e o pp. axudas para potenciar a actividade comercial ou empresarial afectada pola crise sanitaria.

Publicidade

VIDEO

O pasado 4 de maio o concello de Maside anunciou o acordo conxunto o que chegou co partido na oposición, o PP, para implementar medidas que axudaran a potenciar ou manter a actividade económica da vila. Dende o concello din que neste escenario enormemente complexo cómpre dar pasos na dirección de aportar seguridade e tranquilidade para o presente e o futuro da cidadania. Por iso, hoxe aprobaron no pleno que deu comezo ás 12:30h o programa “Avanzando Xuntos”. Inclue medidas de relaxación fiscal e actividades de dinamización económica.

Trátase de paliar gastos acumulados por peche ou cese de actividade de autónomos e microempresas e a baixada de ingresos familiares: coa supresión do imposto de recollida de lixo; co retraso do cobro de impostos e taxas ó abastecemento de auga e saneamento domiciliado dos tres primeiros bimestres; co fraccionamento do IBI e o imposto a vehículos; exención do pago de taxas por “inactividade”  ós autónomos ehHostaleiros; suprímese a taxa por ocupación da vía pública (mesas e cadeiras). Todo isto, previa solicitude formal.

Na mesma iniciativa, permítese o uso do espacio público, prazas ou beirarrúas (sempre permitindo o paso dos peóns) para facilitar a actividade hostaleira, ampliando ata un 100% a maiores da superficie actual da terraza.