Ribeiro en Común reclama probas PCR para as traballadoras do SAF

Dende a formación aseguran que é unha petición que sería moi ben recibida polo persoal e polos usuarios do servizo como medida de prevención. Riebiro en Común considera que sería moi positivo a realización de probas a todos os profesionais xa que traballan con persoas de avanzada idade. A formación asegura que teñen constancia de que ademáis das profesionais do servizo, tamén moitas familias e usuarias do servizo tamén verían moi positivo a realización destas probas- test por parte do Concello.

Ribeiro en Común  pide que se leve a cabo a Moción presentada polo noso grupo e aprobada no último Pleno Municipal, que reclamaba que o Concello acometa a realización da proba-test ás traballadoras deste servizo municipal, o que lles proporcionaría  desenvolver o seu traballo con maior tranquilidad. Así mesmo, aprobouse realizar un recoñecemento profesional ao SAF e se plasme desde o Concello nunha mellora das condicións laborais das traballadoras, incluíndo tamén nesa mellora: mellora de dereitos laborais e de convenio,o reforzo dos protocolos e de material axeitado (EPI´s) para a nova realidade do COVID19, e unha subida salarial. Tamén pedían que o Concello asuma e comece a aplicar no SAF de Ribadavia as principais reivindicacións da Plataforma SAF Galiza.

AVANTAR ACTIVIDADES

O grupo leva reclamando estas medidas desde o mes de abril. No pasado mes de maio lograron introducir unha partida na modificación orzamentaria que posibilita executar este gasto. Agora, Ribeiro en Común esixe que se leve a cabo despois de lograr aprobalo no pasado Pleno de xullo.