O presidente da Xunta quixo votar a vista atrás nesta mensaxe de Fin de Ano, na que definiu este ano como unha época para esquecer, pero tamén para recordar, poñendo en valor o traballo de sanitarios, de residencias de maiores e de centros educativos.

As consecuencias e as restricións afectaron todos os aspectos da vida cotiá, festas, proxectos persoais e profesionais, dificultades económicas. Autónomos, profesionais da hostalería, empresas que viven este Nadal con incerteza de como afrontar todo isto. O presidente tamén tivo palabras para eles.