A Deputación apoia a rodaxe no Carballiño de “Melancolía”, de Alfonso Zarauza

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Alfonso Vilas Zarauza (Director de Cinema) e Martín Calviño González (Productor de Cinema) para falar do próximo filme a rodar en Ourense tituládo “A Máscara” e acompañados polo asesor de cultura da Deputación Ourense, Aurelio Gómez Villar.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao gran triunfador dos XIX Premios “Mestre Mateo”, o director Alfonso Zarauza -quen conseguiu este ano 9 dos 12 galardóns aos que aspiraba coa película Ons-, xuntanza na que lle confirmou o apoio da institución provincial á que será a vindeira película do guionista e director galego, Malencolía, filme que se rodará na comarca do Carballiño.

Malencolía está concibida como unha película de terror con temática tradicional galega, rodada integramente en galego e cun equipo técnico e artístico cen por cen do país.

AVANTAR ACTIVIDADES