Expourense presenta o 9º Foro da Comunicación de Galicia que terá lugar este venres

Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia organizan una nova edición do 9º Foro da Comunicación de Galicia que se celebrará este venres 12 de novembro en Expourense e en formato híbrido puidendo ser seguido de xeito presencial dende as instalación do recinto feiral ou de xeito virtual desde calquera parte. Como xa é habitual dende hai 6 anos, a celebración do Foro servirá de antesala para a gala de entrega dos Premios da Comunicación, o Marketing, a Publicidade, O Deseño, a Impresión e os Eventos de Galicia. Ambas as dúas actividades convertirán a Ourense na capital da comunicación galega. Estes eventos están xa consolidaos como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar.

Para organizar o programa deste 9º Foro, Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia contan co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia. Representantes desta catro entidades participaron esta mañá na rolda de prensa de presentación deste evento: Rogelio Martínez, director de Xantar; Xosé Luis Reza, presidente do Cluster da Comunicación de Galicia; Emma González, xerente do INORDE e Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Entre todas estas entidades facilítase que esta innovadora acción formativa sexa de acceso gratuíto para profesionais do sector, xa que o obxectivo é fomentar a competitividade das empresas galegas e visibilizar o talento dos profesionais galegos neste sectores.

AVANTAR ACTIVIDADES

A asistencia a esta xornada precisa de inscrición previa a través da web www.expourense.org. Esta actividade conta xa nestes momentos con máis de 150 inscritos, cita que pode ata duplicarse ao longo desta semana.