Caballero aprobará un novo proxecto para a intermodal de Ourense “de primeiro nivel” que “non corte a cidade” e para “non illar o barrio da Ponte”

O candidato socialista quere “ser presidente” para “adaptar o proxecto da intermodal” e ter así unha estación “de primeiro nivel” que “non corte a cidade e non separe barrios” “O PP de Baltar está nunha estratexia de acoso e derribo contra o PSOE porque o ano pasado perderon todas as eleccións en Ourense” e porque “puxeron a Jácome como alcalde nunha liña de letalidade non admisible”, dixo

Publicidade

AUDIOS GONZALO CABALLERO

“Quero remarcar o compromiso que asumín diante do presidente do Goberno o pasado sábado”, dixo hoxe o candidato socialista á presidencia da Xunta durante unha visita a Ourense. Gonzalo Caballero aseverou que quere ser presidente de Galicia “para darlle a esta cidade un aliado á hora de definir o seu futuro” e “adaptar o proxecto da intermodal” para ter unha estación “de primeiro nivel” e “sobre todo que non corte a estrutura urbana da cidade e que non separe barrios”.

“Para iso haberá que mover a estación de autobuses” de onde o PP a quere por en funcionamento e “readaptar o proxecto vixente para que haxa unha posibilidade real de que Ourense teña un proxecto de cidade sostible, convivible e para non illar ao barrio da Ponte”, insistiu acompañado de candidatas e candidatos do PSOE ao Parlamento de Galicia, así como do secretario provincial e outros cargos do partido.

Caballero comprometeuse a “cambiar o plan da intermodal” da capital e a “sacar a estación de autobuses” de onde a quere incrustar Feijóo, en contra de toda a veciñanza e da cidade. O candidato do PSdeG-PSOE pon así o foco sobre un dos maiores agravios que o goberno de PP está a executar na terceira cidade de Galicia, onde Feijóo e o PP recortaron o investimento para rodear un centro de saúde con 300 autobuses ao día.

“O PP de Baltar perdeu todas as eleccións que houbo o ano pasado” O líder socialista tamén destacou o “nerviosismo” do PP de Baltar que “perdeu todas as eleccións que houbo o ano pasado e perderon a conexión coa cidadanía”.

“Falla o proxecto de cidade” do PP porque “puxeron a Jácome como alcalde nunha liña de letalidade que non é admisible”, advertiu. www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense “Por iso están facendo un “ataque continúo” ao PSOE pero “os autónomos en Galicia e Ourense saben que o primeiro goberno que lles deu unha axuda, unha nónima en tempos de crise, foi un goberno socialista”, recordou.

“Hai que pasar páxina ao caciquismo de Baltar e as trapalladas dos Baltar”, insistiu antes de concluír insistindo en que “nós defendemos aos traballadores, aos autónomos, o emprego para todas e todas e o PP non nos pode dar ningunha lección”.