O Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño acolle este sábado a Peter Punk, o pallaso máis irreverente da escena galega actual. O artista sobe ao escenario co seu espectáculo “Con lingua propia” dirixido a público familiar, no que reivindica a lingua galega a través do humor, os trabalinguas, o xogo cos espectadores ou os malabares. Peter Punk colaborou co filólogo Brais Gutiérrez para elaborar a obra, na que a comicidade se mestura coa importancia de coñecer, utilizar e defender a lingua propia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Actualmente, Peter Punk é un dos pallasos máis destacados do panorama galego, con máis de 900 funcións ás súas costas e xiras internacionais. O seu humor descarado, irreverente e orixinal conquista ao público de todas as idades.
A función é este sábado, día 11 de abril, ás 18,00 horas. As entradas teñen un custo de 3,50 euros e pódense adquirir media hora antes do inicio da obra no propio despacho de billetes do Auditorio.

















