O servizo “Coidados porta a porta” estará próximamente no Irixo e San Cristovo de Cea

IES CHAMOSO LAMAS

Os vindeiros 30 – 31 de agosto e 1 – de setembro, chega a O Irixo a unidade móbil da iniciativa “Coidados porta a porta” promovidos pola Xunta de Galicia.

‍Permanecerán na Praza do Concello e ofrecerán servizo ás persoas maiores de 55 anos. É unha iniciativa pensada para previr a dependencia para os veciños maiores do rural.

OZOCOgz Deseño Galego

Para acceder a este servizo será necesario pedir cita previa, no número de teléfono 622 748 283 ou no enderezo de correo: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. Os dias 2, 5 e 6 de setembro chegará a Cea.

Ofrece servizos asistenciais gratuítos de estimulación da memoria como cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos saudables e envellecemento activo; podoloxía e audioloxía. Tamén con prevención da perda auditiva.