A Unión Europea concede 15.000 euros ao concello do Carballiño para instalar unha rede wifi pública

A Comisión Europea acaba de comunicar a concesión dun bono de 15.000 ao concello do Carballiño para instalar unha rede wifi nos espazos públicos do municipio.

A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso dos cidadáns á conectividade wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa.

AVANTAR ACTIVIDADES

A iniciativa WiFi4EU ofrece aos municipios a oportunidade de solicitar bonos por valor de 15.000 euros. Os bonos utilizaranse para instalar equipos de wifi nos espazos públicos do municipio que ainda non estean equipados cun punto de acceso wifi.

A tramitación desta axuda da Unión Europea foi tramitada pola empresa e consultoría local Autoxiro, que colabora co concello na toma de iniciativas de impulso do turismo e do tecido comercial e empresarial de cara á reactivación económica pola crise da pandemia do covid 19.