Dobre carteleira no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso repite un dos filmes deste verán, a segunda entrega de “Campeonex”, famosa ademais nos premios Goya. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.

Por outra banda, a estrea da segunda parte do filme de terror “La monja”. Poderase ver o venres, sábado, domingo, luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas e o sábado tamén ás 22:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES