Bolsa de emprego para o posto de operario de limpeza de edificios municipais no Concello de Piñor

A Alcaldía, mediante Resolución do día 7 de xullo 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso- oposición para a creación dunha bolsa de emprego para o posto de operario de limpeza de edificios municipais.

Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello (https://pinor.sedelectronica.gal).