A Xunta presenta un plan de axudas para a reactivación do ocio nocturno

microphone against blur on beverage in pub and restaurant background

A Xunta chegou a un acordo para poñer en marcha este plan dirixido ós negocios que tiveron que pechar e que seguen pechados a día de hoxe. O plan vai destinado a pubs, discotecas, sales de festas ou salas de concertos, o único sector aínda pechado a causa da pandemia.

Este acordo conseguiuse dentor do grupo de traballo que evalúa semanalmente os datos da evolución sanitaria e as condicións e fases para o ocio nocturno poida reabrir con todas as garantías.

AVANTAR ACTIVIDADES

O plan inclúe axudas para o pago de alquileres, con apoio para a celebración de concertos en canto sexa posible e que poida haber público. Ademais, a Consellería de Emprego e Igualdade destinará fondos para manter o emprego no sector, cunha liñla de crédito que ronda os 500.000 euros.

A Xunta continúa en diálogo cos representantes do sector para escoitar as súas demandas e ca máxima colaboración.